A Fundación Fernando Blanco xa ten os seus debuxos e relatos gañadores
Estaremos encantados de compartilos ao longo desta semana en QPC, pois estes relatos e debuxos valen un mundo!
O sábado 27 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee, o acto de entrega dos premios do II Concurso de Debuxos e do III Concurso de Relatos Curtos, organizados pola entidade ceense, e que contan, un ano máis, coa colaboración da Deputación da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra de Cee.
Os premios foron entregados polos membros do Padroado da Fundación, así como por D. Carlos Oliete, Director da Zona Noroeste do Grupo FerroAtlántica, empresa patrocinadora do Museo, e D. Julio López, Xerente da Estación de Servizo Bazarra.
Entregáronse un total de 12 premios nas distintas categorías dos dous concursos, valorados en 690 €.
A relación de premiados, por categorías, quedou así, tralo fallo emitido polo xurado composto por Darío Areas, Coordinador do Museo, Víctor Castiñeira, Técnico de Cultura do Concello de Cee, e José Ramón Rey, Técnico da Biblioteca Francisco Mayán.
CATEGORÍA “A” II CONCURSO DE DEBUXOS (1º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 30 € e máis diploma, para ANA BLANCO LEMA do CEIP PONTE DO PORTO (CAMARIÑAS). - 2º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para SARA CAAMAÑO TRILLO do CEIP A IGREXA DE BRENS (CEE). - 1º Premio da Categoría A, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para CARLOS TRINIDAD LEO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). CATEGORÍA “B” II CONCURSO DE DEBUXOS (2º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 30 € máis diploma, para LUCÍA LÓPEZ OVIES do CEIP EUGENIO LÓPEZ (CEE). - 2º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 40 € máis diploma, para ALEJANDRA SAMBADE SOUTO do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 1º Premio da Categoría B, consistente en material didáctico valorado en 50 € máis diploma, para IRIA DIOS VIDAL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). CATEGORÍA “A” III CONCURSO DE RELATOS (3º Ciclo de Primaria) - 3º Premio da Categoría A, valorado en 50 € máis diploma, para MARTÍN QUINTÁNS ROJO do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 2º Premio da Categoría A, valorado en 75 € máis diploma, para NOA LEMA RIAL do CEIP LABARTA POSE DE BAIO (ZAS). - 1º Premio da Categoría A, valorado en 100 € máis diploma, para JULIO REGUEIRO MONTERO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). CATEGORÍA “B” III CONCURSO DE RELATOS (1º, 2º, 3º e 4º ESO) - 3º Premio da Categoría B, valorado en 50 € máis diploma, para LUCÍA PAZ CHAO do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 2º Premio da Categoría B, valorado en 75 € máis diploma, para CLARA DE RAMÓN AYALA do COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO (CEE). - 1º Premio da Categoría B, valorado en 100 € máis diploma, para NURIA VILARIÑO LEMA do IES MAXIMINO ROMERO DE LEMA DE BAIO (ZAS).Novas relacionadas
Máis novas
- Mes da Fundación 2013: A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Mes da Fundación 2013: Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Mes da Fundación 2013: Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
Máis información
- Recunchos da Costa: O Edificio Fernando Blanco.
- QPC: Tesouros da Fundación.
- QPC: Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco:
- Patrimonio Galego: Edificio Fernando Blanco de Cee.
- http://www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).