xoves. 01.05.2025
El tiempo

A gratuita Festa dos Maiores de Cee trasladouse ao pavillón

A gratuita Festa dos Maiores de Cee trasladouse ao pavillón
Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintáns

Non son as de Vimianzo ou Zas, que rondan o millar de comensais. En Cee foron arredor das 300 persoas as que se apuntaron á Festa dos Maiores. Un xantar que se trasladaba por primeira vez ao pavillón despois de moitos anos celebrándose no campo de San Pedro Mártir, se cadra, polos malos recordos de 2011.

Tiveron protagonismo o alcalde, Ramón Vigo, e tamén a súa man dereita, Pilar Iglesias, que tamén se fixo co micrófono para dirixirse aos seus veciños, que tiveron bus, de balde ao igual que o propio xantar, para acodir.

En clave de música, actuou o Grupo Peta Forte, as Pandereteiras do Centro Social.

Estivo case toda a corporación, pero os concelleiros non adscritos e os do PP non quedaron a comer, como si fixo Margarita Lamela, do PSOE. Os que non estiveron, un ano máis, foron os membros do BNG de Cee, que consideran que “se está, coma noutras ocasións, aproveitando do público para facer electoralismo“. Denuncian que “a festa, tal e como está pensada, só serve para satisfacer as ansias de quedar ben dos gobernantes”, ademais de ser unha carga para as arcas municipais. Precisamente o feito de ser de balde é unha das críticas máis habituais en toda a bisbarra.

Pilar Iglesias falando na Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Pilar Iglesias falando na Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Peta Forte na Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Peta Forte na Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans 2 Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans 3 O pavillón acolleu a Festa dos Maiores de Cee-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios