mércores. 30.04.2025
El tiempo

A II Feira dos Sabores de Cee en marcha

A II Feira dos Sabores de Cee en marcha

Recordaremos a primeira edición fa Feira dos Sabores de Cee polos grandes produtos gastronómicos e tamén polos produtos 2.0. Este ano, a Asociación de Empresarios de Cee, en pleno proceso de reconversión, xa está en marcha na organización da II Feira dos Sabores.

A idea desta Campaña segue a ser a de revitalizar o sector hostaleiro, e dar a coñecer os productos feitos na nosa comarca. As datas escollidas son xa os venres 27, sábado 28 e domingo 29 de maio.

E serán dúas campañas simultaneamente para hostalaría e alimentación. Instalarase unha carpa no centro de Cee, e os comcerciantes participantes terán un posto onde tería a venda productos con denominación de orixe.

Ademais, para as cafeterías, bares e restaurantes artéllase de novo a Ruta dos Pinchos, que tan ben funciona. Cada participante no seu local elaborará unha tapa orixinal ou típica, que será servida de forma gratuita coas consumicións nos días da campaña. Ademais, nas horas de máis afluencia, haberá unha actuación musical.

Xa están en marcha unhas guías dos establecementos que participan na Campaña, que serán difundidas polos arredores.

Inscrición

O prazo para a inscripción dos comerciantes nesta Campaña remata o 10 de maio. Os interesados en participar na Campaña poden poñerse en contacto no teléfono da Asociación: 981.74.68.82.

Novas relacionadas

Comentarios