Formada a nova directiva da Asociación de Empresarios de Cee

10:22 26/04/11

A Asociación de Empresarios de Cee conta cunha nova directiva. Iso si, rematado o prazo de presentación de candidaturas o pasado mércores día 30 de marzo, non recibiron ningunha proposta de candidatura.
Así que trala Asemblea Xeral que tivo lugar o venres día 8 do presente mes, decidiron tres socios asistentes a tal acto, formar un novo equipo directivo. A nova Xunta Directiva queda fois formada polos seguintes membros:
- Presidente: Enrique Domínguez Carreira (Obras y Servicios los Remedios, SL)
- Vicepresidente: Diego Castro Rodríguez (Century Santa Comba,S.L.)
- Secretario: José Roberto González Rigaut (Roberto G. Rigaut, S.L.)
- Tesoureiro: Ramón Lijó Marcote (Mon Xestión e Asesoramento,S.L.)
- Vogais:
- José Benito Caamaño Vigo (Autos Caamaño,S.L.);
- Jaime Casais Leis (Capitol Center,S.L);
- Raquel Toba Suárez (Geyne y Toba, S.L.);
- Víctor Manuel Lema Mouzo (Café Bar O Cruceiro);
- Ricardo Darriba Couñago (Hotel Insua).
Novas relacionadas
- 15-03-11: A Asociación de Empresarios de Cee convoca eleccións.
- Os empresarios da Costa aprenden novos medios de publicidade .
- Os empresarios de Cee mercan en Cee.
Fonte
- Nota de prensa da AECee.