A Mesa convoca un acto para promover o uso do galego en Cee
07:16 10/11/15
A Mesa convocou un evento a través das súas redes sociais
O vindeiro domingo, 15 de novembro ás 12:00h, terá lugar diante do casa do concello de Cee un acto a favor do Regulamento de promoción do uso do galego en Cee, promovido pola Mesa de Normalización Lingüística.
Con esta iniciativa, promovida a través das redes sociais, preténdese iniciar unha campaña de difusión do contido do Regulamento de promoción do uso do galego en Cee co obxectivo de enfrontar prexuízos e desmentir falsidades que, segundo indican desde A Mesa, "o único que pretenden é que o galego volte á alegalidade e a exclusión da vida pública".
En todos os municipios galegos, excepto no de Cee, aprobouse a semana pasada unha ordenanza de normalización lingüística que reafirme o galego como lingua oficial do concello. O PSOE de Cee, tras escoitar ao colectivo Galicia Bilingüe que amenazou con recorrela e, considerando que a ordenanza tiña varios erros, votou en contra da súa aprobación, despois de facer Modesto Rivas un longo discurso con moitas claves asinadas polo colectivo de Gloria Lago. Un discurso que convenceu aos grupos do PP e de Ciudadanos. Entre os 3 grupos solicitaron un informe xurídico polo que a ordenanza non foi aprobada, e será debatida no vindeiro pleno.
Novas relacionadas
- Galicia Bilingüe levará aos tribunais a ordenanza do galego se sae aprobada polo pleno de Cee
- Cee queda sen regulamento para o impulso da lingua galega pola negativa de PSOE, PP e Ciudadanos
- Redacción QPC ([email protected])
- A Mesa