A mocidade nacionalista da Costa da Morte móvese polo Noitebús

21:16 08/11/10

Gran aceptación
A campaña de Galiza Nova contou cunha aceptación masiva entre a mocidade, usuarios ou non do Noitebús, por facilitar o tránsito de miles de mozas e mozos de toda a Costa da Morte aos principais puntos de lecer nocturno do entorno dun xeito moi económico, seguro e ecolóxico. Moitos mesmo solicitaron material para distribuír entre o seu círculo de amigos. Ademais, tamén foi masiva a resposta de pais e nais, que se ben inicialmente achegábanse por simple curiosidade, axiña formaban nutridos rebumbios lamentando que este servizo poida ser anulado por recurte orzamentario. Mesmo algunha familia comparou o gasto dun ano de servizo co realizado coa recente visita do Papa.Carteis
Como os carteis dos autobuses de QPC, o cartel de protesta de Galiza Nova xa está en moitos dos puntos onde se colle o Noitebús na Costa da Morte. O Colectivo colocou carteis e distribuiu folletos informativos entre os usuarios, ademais da consabida recollida de sinaturas. Así púidose comprobar que numerosos usuarios nin sequera coñecían que o futuro deste servizo tan importante para o seu lecer estea en discusión. Galiza Nova afirman vai continuar na súa campaña contra a supresión do Noitebús, e non só: Vai solicitar que se amplíen e melloren as rutas existentes. Porque a vida das mozas e mozos da Costa da Morte non é «cuestión de gastos», e quen así o poida entender desde unha institución pública é totalmente inconsciente do posto que ocupa.Novo blog
Ademais acabamos de coñecer o novo blog creado para a ocasións. Dende Vimianzo chega o blog noitebus.wordpress.com, que serve para recoller sinaturas para instar ao Presidente da Xunta a manter o servizo.Novas relacionadas
- O BNG vimiancés tamén pide que se manteña o Noitebús.
- Piden o mantemento das liña de Noitebús en Cee.
- Primeiras queixas pola suspensión do Noitebús.
- O cartel de QPC dos horarios de autobuses chegan a máis "estacións" da Costa.
Máis novas
- Nuria Pampín foi elixida nova responsable de Galiza Nova de Carnota.
- Xoán Silva Pazos é o novo resposable da estreada asemblea de Galiza Nova en Fisterra.
- Un carnotán e unha corcubionesa lideran a nova dirección comarcal de Galiza Nova.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal ).
- Nota de prensa de Galiza Nova Costa da Morte.