Domingo. 05.02.2023
El tiempo

A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M

A Neria pon no tellado do Concello de Cee e da Deputación a apertura do C3M
As obras do edificio da Rúa Magdalena que albergará o Centro de Coñecemento de Cee C3M están bastante avanzadas

En decembro do 2012 Xan García aseguraba que o C3M estaría en funcionamento en marzo de 2013. 10 meses despois, e máis de 2 anos e medios despois da súa teórica apertura, falamos con Javier González Trillo, actual presidente da Neria para analizar a situación e a súa posible apertura.

González Trillo pon a pelota no tellado do Concello de Cee e da Deputación para a apertura do Centro de Coñecemento. "Estamos pendentes de que alcaldesa de Cee continúe unhas xestións e consiga unha subvencion da Deputación", comenta, destacando que "faltan só uns 20.000€ da obra para poder abrilo, e como na Neria a día de hoxe non os temos, estamos buscando para rematar a obra e comezar a traballar como o viveiro de empresas que cremos tan necesario para a Costa da Morte".

"Se a través das axudas da Deputación non podemos levalo a cabo teremos que buscar outra alternativa, e de feito temos outro proxecto para sacalo adiante, e para iso estamos buscando outros fondos europeos". Iso si, "non podemos dar unha previsión dunha posible apertura, cando dependemos dos demais hai que ser prudentes", sinala cauto.

Con relación ao CMAT

Javier Gonzalez Trillo-Presidente de Neria

Hai apenas un par de semanas que se presentaba o CMAT, o novo ente turístico que a Xunta recoñece como interlocutor único. Falamos con Javier da posibilidade de adherirse ao ente, pero as posturas parecen moi alonxadas. "Nós non estamos no CMAT, non sabemos como vai funcionar, e non creo que vaiamos a formar parte del", algo ao que estaría aberto o ente sempre que a Neria asuma as "fronteiras" do propio CMAT.

Para a Neria esta creación é un golpe na liña de flotación da entidade. "Parece que o único interese é o de intentar afogarnos a nós. Dende a parte que eu entendo, se durante 20 anos a Neria xestionou o turismo, preocupándose polo Camiño e por outras mil historias, como é posible que agora a Xunta monte un chiringuito así?", pregúntase un Javier que cre que "é montar unha cousa enriba da outra", pois os concellos do Consorcio, case todos, xa forman parte da Neria".

Novas relacionadas

Fonte

comentarios