A precariedade, protagonista do 1 de maio en Cee


Segue a ser a situación laboral un dos problemas máis importantes da nosa sociedade actual. E en Cee acontecía unha das manifestacións nacionais convocadas por uns sindicatos que pelexan por manter o seu pulso ca cidadanía. A CIG convocaba unha concentración baixo o lema “Reformas laborais e lei mordaza: Anulación Xa!” para berrar ben alto no Día Internacional da Clase Obreira.
Máis dun centenar de persoas achegáronse ás portas do Concello ceense nunha soleada mañá de mercado. A loita contra a precarización, contra os recortes e as reformas en materia laboral seguen a ser a bandeira da pelexa da clase obreira na eterna pelexa contra o sistema capitalista.
Unha manifestación que vén a colación na vila da Xunqueira tralas dúbidas sobre o mantemento da fábrica, ou a folga dos traballadores da piscina.
Manifestación en Cee polo 1 de maio-Foto-Rafa Quintáns
Manifestación en Cee polo 1 de maio-Foto-Rafa Quintáns
Novas relacionadas
- Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- CIG Cee