Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Universidade da Coruña tamén se achega aos futuros alumn@s da comarca de Fisterra

A Universidade da Coruña tamén se achega aos futuros alumn@s da comarca de Fisterra
Xornadas A Universidade que nos agarda da UDC en Corcubion

Coa aterraxe da Universidade Sénior da Costa da Morte en Baio, podemos comprobar o afán de democratizar e deslocalizar a formación que ten a Universidade da Coruña. Unha política que ratificamos coñecendo o contido dos convenios que vai asinar o vindeiro mércores 28 de marzo no Concello de Corcubión.

O Reitor Magnífico da UDC, Julio Abalde Alonso, e o Profesor Titular da Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación da UDC, Jesus Miguel Muñoz Cantero, achegaranse a Corcubión para asimar un un convenio de colaboración que permitirá aos alumnos da UDC desenvolver prácticas no Concello de Corcubión.

Ademais, a cita servirá para presentar tamén as xornadas que se desenvolverán o 6 de abril, unhas xornadas informativas para futuros alumn@s universitarios.

A Universidade que nos agarda

En marcha póñense tamén as I Xornadas que co título "A Universidade que nos agarda”, que terán lugar o vindeiro 6 de abril na Casa da Cultura Plácido Castro del Río de Corcubión e que contará coa participación de 120 alumnos e alumnas dos IES Fernando Blanco e Agra de Raices de Cee. Nas ditas xornadas poderá participar calquera outra persoa que o desexe, previa inscrición no Concello de Corcubión.

Programa das Xornadas A Universidade que nos agarda da UDC en Corcubion Programa das Xornadas A Universidade que nos agarda da UDC en Corcubion

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios