A Xunta Local de Cee da AECC celebra a súa primeira comida benéfica

06:08 23/04/18

A Xunta Local que a Asociación Española contra o Cancro ten en Cee, e que acolle tamén os concellos de Corcubión e Dumbría, vai organizar a primeira comida benéfica. A entidade, nada o pasado novembro, organiza esta cita co fin de recaudar os fondos necesarios para dar continuidade a súa actividade.
A celebración do evento está prevista para o domingo 27 de maio, ás 14:30 e contará co apoio de tódalas persoas voluntarias e das colaboracións que as empresas e entidades locais poidan realizar, especialmente coas doazóns, para a rifa de regalos que se realizará na mesma.
As persoas interesadas en asistir, poden comprar a súa entrada no Centro Social de Cee ou nos teléfonos previstos da Asociación. O prezo da entrada é de 20 €.
Novas relacionadas
- Marzo 18: A fervenza do Ézaro, de verde polo Día Mundial do Cancro de Colon.
- Febreiro 18: A Costa da Morte conmemorou o Día do Cancro.
- Novembro 17: Nace en Cee a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).