Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión

A Xunta une Cee e Corcubión coas novas Directrices urbanísticas para frear a dispersión
A Xunta aprobaba onte de forma parcias as novas Directrices de Ordenación do Territorio (DOT). Unhas normas que rexirán o desenvolvemento urbanístico do país e de aí a súa importancia, e que levan máis de 15 anos sen aprobarse. Frear a dispersión e unificar territorio son as bases destas normas que terán que unificar os Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM) e os Plans do Litoral (POL). De aí que unha das medidas que tome a Xunta sexa fomentar certos núcleos poboación que permitan vertebrar o país dun xeito ordenado. ConcretamenteCee-Corcubión pasa a ser considerada como unha Cabeceira do Sistema Urbano Intermedio. Isto é un espazo formado por núcleos de mediano tamaño entre os 7.000 e os 40.000 habitantes, centros dinámicos social e economicamente enfocados a asumir unha maior centralidade e protagonismo. A mesma catalogación recibe Carballo. Tamén toman en consideración outros núcleos como Vimianzo ou Santa Comba, que pasan a ser tomados como Nodo para o equilibrio do territorio. Estes Nodos son un conxunto de núcleos distribuídos por todo o territorio, capaces de fixar poboación, dotar de servizos e impulsar novas actividades e centralidades.

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios