Venres. 20.09.2024
El tiempo

Abertas as inscricións para o primeiro taller Tec&Tea para destripar a tecnoloxía

Abertas as inscricións para o primeiro taller Tec&Tea para destripar a tecnoloxía
Imaxe do taller piloto de Tec-Tea do pasado febreiro Imaxe do taller piloto de Tec&Tea do pasado febreiro

Despois da exitosa posta en escena co primeiro taller piloto, parece que o proxecto Tec&Tea, Tecnoloxía en cuestión&Tecnoloxía en acción, non ten marcha atrás. Este proxecto sen ánimo de lucro cuxa finalidade é espertar unha educación activa, reflexiva e crítica poñendo o foco na tecnoloxía. Un proxecto aberto á participación de toda a comunidade que trata de facernos reflexionar sobre o uso da tecnoloxía, para aprender a utilizar uns dispostivos que están completamente introducidos na nosa vida cotiá.

Así, xa está convocado o Primeiro Taller Tec&tea aberto a nenxs entre 8 e 12 anos, pero tamén para aqueles adultos que queiran aprender a destripar os aparellos tecnolóxicos cos que convivimos. O taller, no que se destiparán varias computadoras para coñecelas por dentro e analizar o seu funcionamento, celebrarase o sábado 1 de abril de 17:00h a 20:00h na aula de informática do CEIP Praia de Quenxe de Corcubión. Hai 7 prazas para nenxs e outras tantas para adultxs.

Xa poden realizar a Inscrición, aberta ata o 26 de marzo, enviando un correo a [email protected] e indicando no asunto “inscripción taller tec&tea”.

Máis información

Xa teñen un blog aberto, tectea.wordpress.com Tenoloxía en cuestión & Tecnoloxía en acción, no que nos van contando como vai a cousa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios