Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Cee

Aberto o prazo de matrícula para a Escola Municipal de Música de Cee
O venres 16 de setembro pecharase o prazo para matricularse na Escola Municipal de Música de Cee, que xa está aberto. Para inscribirse, hai que dirixirse ás oficinas do Concello de Cee en horario de mañá. As especialidades que se ofrecen para o vindeiro curso son acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín. Segundo comentan dende a Escola, poderanse facilitar instrumentos de préstamo para o primeiro curso nas especialidades de trompeta, trombón, trompa, clarinete, saxofón, oboe, gaita, frauta traveseira e tuba. Por outra banda, os cativos de entre 4 e 6 anos poden apuntarse a música activa. Os de 7 anos comezarán un curso preparatorio de linguaxe musical. A Escola dispón de grupos onde os alumnos se poden incorporar unha vez que teñan o nivel axeitado. Para obter máis información hai que contactar con Fernando Fraga, no teléfono 609 831 651 ou no enderezo electrónico [email protected]

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Escola Municipal de Música de Cee.

Comentarios