Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Cee celebrou unha festa do fútbol base costeiro

Cee celebrou unha festa do fútbol base costeiro
Máis de catrocentos nenos e nenas das categorías benxamín, alevín e infantil participaron no II Torneo de Fútbol 7 Cee Verán 2011, que se disputou no Campo de Sampaio de Refoxos durante a pasada fin de semana. O tempo non acompañou pero non alterou a normalidade coa que se desenvolveu o campionato. En canto aos vencedores, en categoría infantil o campión foi o Dumbría A, namentres que o subcampeón foi o Dumbría B. En alevín venceu o Cabana e quedou segundo o Calo. E xa en benxamín, o campión foi o Cee e o subcampión o Cabana. A entrega de trofeos celebrouse o domingo ás 14:00h. Nela estiveron o acalde de Cee, o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete, o presidente de Retorno, Joaquín Santamarina, e a presidenta do UC Cee, Elvira Freire. Dende a organización queren agradecer aos equipos participantes o bo comportamento exhibido durante toda a competición.

Novas de fútbol base

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios