Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para a Educación de Persoas Adultas

IES Fernando Blanco
Aberto o prazo de inscrición para a Educación de Persoas Adultas

Entre o 1 e o 15 de xuño estará aberto no IES Fernando Blanco o prazo de admisión (reserva de praza) para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2023-2024.

Na Educación para as Persoas Adultas pódense diferenciar diferentes ensinanzas:

a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
b) EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS/AS (ESA): Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde-noite.
c) CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES: No IES Fernando Blanco ofértanse tamén ensinanzas para a aprendizaxe de Castelán e Galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos.
Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o curso 2023-2024.

Comentarios