Aberto o prazo para que os adultos poidan sacar a ESO no IES Fernando Blanco
Entre o 1 e o 15 de xuño estará aberto no IES Fernando Blanco o prazo de admisión para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2022-2023,
Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Nas Ensinanzas para as Persoas Adultas pódense diferenciar dúas etapas:
a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS: Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.
b) EDUCACIÓN SECUNDARIA: Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter
o título de graduado en educación secundaria. Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
Para quen non ten a titulación básica, para quen non rematou a EXB, par quen ten o Graduado escolar mais non o Graduado en ESO..., as Ensinanzas de Adultos ofrecen unha nova oportunidade de formación.
Poden solicitar información no 881880467 ou en [email protected]