Martes. 22.09.2020
El tiempo

Abre o prazo de matriculación da Escola Municipal de Música de Cee

Imaxe dun festival da Escola de Música de Cee
Imaxe dun festival da Escola de Música de Cee
Abre o prazo de matriculación da Escola Municipal de Música de Cee

Aínda non se saberá como se desenvolverá o curso, pero a Escola Municipal de Música de Cee abre os prazos de matrícula, dende o día 1 de setembro do 2020 ao 20 de setembro de 2020.

As Especialidades instrumentais ofertadas, para nenos a partir de 5 anos son: Acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín.

Ademais, hai Grupos da escola de música: banda de música, grupo de vento metal, grupo de acordeóns, grupo folk, minibanda e grupo de gaitas.

Poden realizarse nas oficinas do Concello de Cee en horario de luns a venres de 9:00 a 13:30 h. ou a través da sede electrónica..

comentarios