Venres. 21.06.2024
El tiempo

Abriuse a veda dos incendios e despois de Cee tócalle a Fisterra e Muxía

Abriuse a veda dos incendios e despois de Cee tócalle a Fisterra e Muxía
  • Última hora (19:30): Controlado Cee: permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal (15 arboradas e 6 rasas). Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.
    - Controlado Fisterra: Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.
Incendio en Ameixenda dende dentro-Foto-MA Incendio en Ameixenda dende dentro-Foto-MA

Abriuse a veda dos lumes na Costa da Morte. Levabamos un verán tranquilo en canto a incendios na zona (non tanto en Galiicia), pero Cee, Muxía e Fisterra son os primeiros en sufrilo.

Primeiro Incendio en Cee

Incendio por Canelinas-Foto-Jorge Castro 3 Incendio por Caneliñas-Foto-Jorge Castro

De 16:00h da tarde estivo activo o incendio forestal #IFAmeixendaCee, o primeiro incendio importante do ano na Costa da Morte. Un lume que mantivo a toda a comarca en vilo durante toda a tarde noite, pois o forte vento de máis de 80 km/h provocaba que a fumareda se vise dende Corcubión, Fisterra, O Pindo e mesmo Lira.

O incendio deuse por controlado arredor das 3:00h, despois de arrasar máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal, entre Ameixenda, Caneliñas e Gures. Os puntos de maior nerviosismo vivíronse arredor das 21:00h cando os Bombeiros de Cee tiveron que desaloxar e protexer as vivendas na pista que baixa a antiga baleeira para evitar que o lume non cruzase a pista cara o lugar de Gures.

A esa hora tamén se cortaba a AC-550 durante, que volvía a ser transitable un par de horas despois. A primeira hora da mañá, os corpos de seguridade non se atreven a dar o lume por “extinguido”, e mantense en estado de “controlado”, pois o forte vento pode provocar que volva prender.

Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros, 6 voluntarios de Protección Civil con 2 vehículos contra incendios e un camión de celtaprix que prestou para axudar, igual que Policía Local.

Incendio por Canelinas-Foto-Jorge Castro 3 Incendio por Caneliñas-Foto-Jorge Castro Incendio por Gures-Foto-MA Incendio por Gures-Foto-MA Incendio por Gures-Foto-MA Incendio por Gures-Foto-MA Incendio en Ameixenda-Foto-Felix+ Incendio en Ameixenda-Foto-Felix Incendio por Canelinas-Foto-Jorge Castro Incendio por Canelinas-Foto-Jorge Castro O helicoptero no Incendio de Cee-Foto-Yolanda O helicoptero no Incendio de Cee-Foto-Yolanda  

3 incendios en Fisterra e un Muxía

Incendio en Moraime-Muxia Incendio nocturno en Moraime

E sen tempo a descansar os medios de extinción tiveron que saír correndo pola noite cara Muxía, pois prendía un lume entre a zona a iso das 00:15 desta noite, un particular avisaba dun conato de incendio nun monte no lugar das Agreiras (Moraime). A rápida intervención evitou que fora a máis. Interviron 5 voluntarios de Protección Civil, unha brigada forestal e 1 motobomba.

Ademais, esta noite arredor das 22:00h se declarou un lume próximo a aldea de Buxan e Suarriba, en Sardiñeiro - Fisterra. Foi controlando gracias ó aviso dunha veciña que pasaba pola estrada e a rápida actuación dos tractores dos veciños con desbrozadora e cisterna. Estiveron membros de Protección Civil con 2 motobombas, o Seprona, 1 brigada, para conseguir Quedou extinguilo sobre as 2:30h, tras afectar somentes a uns 2000m2, grazas a que prendeu nunha finca desbrozada fai pouco e a unha plantación inferior a 8 anos.

E sen descanso, comezaba ás 2:35h un un lume de máis de 20 hectáreas na parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

E esta mañá amencía Fisterra con fumareda polo lume prendido na zona da Nave. Realmente houbo dous focos. Un quedou controlado despois de queimar un piñeiral e agora está chegando xa ao mar levando todos os matoxos. O outro, aínda activo ás 9:30h da mañá, vai para o monte de San Martiño, pero parece bastante copntrolado. Na extinción traballan 4 motobombas, unha brigada, un forestal e Protección Civil de Fisterra.

Incendio na Nave de Fisterra-Foto-Jose INsua Incendio na Nave de Fisterra esta mañá- Foto-Jose INsua Incendio na Nave-Fisterra Incendio na Nave-Fisterra-Foto-Emilio  

#seveslume085

Agracedemos e invitamos aos usuarios de QPC que nos fagan chegar as súas imaxes e impresións a través do noso Facebook e o noso Twitter, e a través do whatsapp (637 704 893). A resposta de onte foi espectacular e os lectores de QPC achegáronnos máis dunha ducia de imaxes dende varios puntos da comarca para manternos informados.

E lembramos tamén, como fai a Consellería do Medio Rural e do Mar, que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. #seveslume085

 

Incendios forestais 2016

Incendios forestais 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios