A AECC afondou nas desigualdaldes na contorna do cancro
Foi o pasado 4 de febreiro o Día Mundial contra o cancro. E ademais dalgunha acción municipal, máis simbólica que efectiva, a Asociación Española contra o Cancro realizou diversas actividades tanto en Cee como en Coristanco.
En Cee
O pasado domingo, co gallo do mercado, a asemblea local de Cee instalou unha mesa informativa diante do centro comercial de Cee, coa campaña deste ano “Non todos somos iguais fronte ao cancro”.
Desde a AECC preténdese visibilizar as desigualdades na contorna do cancro, porque recoñecer as inequidades é o primeiro paso para eliminalas. E é que a desigualdade faise patente en tres eixos principais, segundo o lugar no que a persoa vive, segundo a conta bancaria e os recursos para investigación que se dedican a cada tipo de cancro.
Toda a información sobre as desigualdades que merman a loita contra o cancro atópanse na web https://acuerdocontraelcancer.com/.
Ademais, a entidade informa de que no mes de marzo (do 2 ao 20) está prevista na Casa de Cultura de Cee unha exposición conmemorando o 50 aniversario da Fundación Científica AECC, cunha charla divulgativa entorno a investigación do cancro, que se desenvolverá o 2 de marzo ás 19:00h.
Coristanco en verde
Un ano máis, seguindo a iniciativa impulsada pola Asociación Española Contra o #Cancro (AECC), a fachada do Concello de Coristanco tinguiuse de cor verde durante a noite do día 4, como fixeron concellos como Malpica ou Vimianzo.
A Asemblea local da entidade, Maricarmen Facal, así como voluntarias que se esforzan día a día en dar visibilidade e apoio a estas campañas, estiveron coa súa “Mesa Fronteira”, na praza do concello onde feron información sobre a campaña "Non todos somos iguais fronte o cancro”.