Aínda quedan prazas no Curso AFD de Mecanizado por arranque de labra do IES Fernando Blanco
02:58 14/01/19
Aínda quedan prazas vacantes no IES Fernando Blanco para o curso “AFD de Mecanizado por arranque de labra” que se vai realizar a partir do 15 de xaneiro de 2019.
Un curso certificado pola Consellería (nivel 2), dirixido a desempregados que se prolongará ata o mes de xuño en horario de 15:30 a 21:30.
Os requisitos son ter o graduado na ESO ou cumprir requisitos de acceso a ciclos de grao medio ou certificado de profesionalidade de nivel 1 (da mesma familia e área profesional).