Luns. 14.10.2024
El tiempo

O alumnado de 5ºB do Manuela Rial recibe o Premio Zinkers

Zinkers Manuela Rial CPR
O alumnado de 5ºB do Manuela Rial recibe o Premio Zinkers

A aula de 5º B do Colexio Manuela Rial Mouzo resultou gañadora do primeiro premio a nivel autonómico na categoría de Educación Primaria da 1ª edición dos premios Zinkers.

Un certame convocado pola Fundación Repsol que quere recoñecer o compromiso e o esforzo de alumnado, docentes e centros educativos coa sostebilidade. Mediante o uso dos programas Zinckers alumnado e docentes traballaron contidos relacionados coa enerxía, sostebilidade, medioambiente e Axenda 2030.

O xurado autonómico valorou “o excelente traballo realizado polos alumnos a gran implicación do profesorado neste proxecto” como claves para a elección como gañador do proxecto do centro ceense coordinado polo profesor José María Canosa.

O grupo recibirá o premio na gala que se vai a celebrar este 10 de xuño en Madrid.

Novas relacionadas

Comentarios