mércores. 30.04.2025
El tiempo

Ameixenda prepárase para a Semana Cultural e ás Festas do Apóstolo

Ameixenda prepárase para a Semana Cultural e ás Festas do Apóstolo

A asociación ceense SDCR “Fumes do Cal” presenta o programa das Festas Patronais do Apóstolo Santiago así como o desenvolvemento da Semana Cultural de Ameixenda, que terá lugar dende este domingo 17 de xullo e ata fin de mes.

O desenvolvemento destes actos terán lugar na Casa de Cultura de A Ameixenda. E os días fortes serán o luns 25e martes 26 de xullo, sendo a cita máis peculiar será o propio luns coa V Carreira de Burros.

Programa da SDCR “Fumes do Cal”

  • Domingo 17 de xullo, ás 21:00h : Concerto da Rondalla "Club do campo" de Ferrol.
  • Luns 18, a partires das 11:00 h da mañá: xogos de mesa (parchís, damas oca...) nas distintas categorías.
    E ás 20:00h proxección da película “Shrek, felices para sempre".
  • Martes 19, a partires das 11:00 h da mañá: X Campionato de Tenis de mesa Santiago Apóstolo.
    E ás 20:00h proxección da película “Percy Jackson e o Ladrón do raio".
  • Mércores 20, ás 11:30 h: Obradoiro de carteiras e moedeiros no que os nenos/as amosarán a súa creatividade acompañados por monitores de animación “Brétema”.
  • Xoves 21, ás 11:30 h: Obradoiro de carteiras e moedeiro.
  • Venres 22, ás 21:00h os novos grupos de gaitas e pandeiretas Fumes do Cal da parroquia amosaránnos coa súa actuación o aprendido durante este curso.
  • Sábado 23, ás 21:00h: Maxia con O Mago Marttyn ofrecerá o seu espectáculo para que cativos, adultos e maiores nos deixemos ilusionar.
  • Luns 25 de xullo: Alboradas a cargo da “Banda de música de Negreira".
    - Á 1 da tarde, misa solemne na honra do Apóstolo Santiago”.
    - A continuación sesión vermú coa orquestra “Nueva Generación”.
    - Pola tarde, divertirémonos un ano máis, a V Carreira de Burros.
    - E pola noite Gran Verbena coa actuación de Nueva generación e Estrellamar.
  • Martes 26 de xullo: Pasarrúas con grupo de Gaitas “ Peta Forte” de A Pereiriña;
    - Logo da misa solemne, procesión acompañada do novo grupo de gaitas "Fumes do Cal", adoración do Santísimo Sacramento venerado cos anxos e a ofrenda floral na súa honra.
    - A sesión vermú estará amenizada pola orquestra “Nova Palma” que tamén nos acompañará na verbena da noite.
    - Á tarde, inchables guiados por monitores de animación “Brétema”.
  • Sábado 30: tradicional sardiñada amenizada pola Charanga Vendabal de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Fumes do Cal.

Comentarios