Apagan o incendio dun colector en plena praza do Concello de Vimianzo na madrugada do sábado
05:42 19/03/18
Esta pasada madrugada do sábado ao domingo, os Bombeiros de Cee tiñan que achegarse ata Vimianzo para sufocar o Incendio dun colector na mesma praza do concello de Vimianzo. Eran as 4:00h da madrugada cando os Bombeiros chegaban a Vimianzo para apagar e arrefiar un colector de papel a carón da veirarúa e sen vehículos arredor.
Retirada de árbore
Durante a mañá do domingo, os Bombeiros tiveron que proceder á recollida dunha árbore que estaba caída sobre un tendido do alumeado público con risco de caer a estrada en Bermún, Pereiriña, Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).