venres. 24.01.2025
El tiempo

A APTCM pecha o curso "poñendo en falta a unión de todo o sector"

Asemblea de APTCM 2024
Na xunta directiva participaron, de esquerda a dereita, José Ramón Fernandez, Damián Álvarez, Julio Castro, Pepe Formoso, Rosa Sanchez, Guillermo Iglesias e Inés Silva.
A APTCM pecha o curso "poñendo en falta a unión de todo o sector"

Collían o mando  2022 con 50 socios, e acaban o 2024 con mais de 180 socios directos, case 400 e pertencentes a asociacións adscritas como Solpor, Empresarios de Carballo, Olería de Buño e Empresarios de Camariñas. Fixo así un balance positivo a directiva da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte (APTCM) na última xunta directiva do ano, pero valoran que "aínda non estamos todos", "poñemos en falta a unión de todo o sector".
A directiva valora como fundamental "aumentar o número de socios para poder ter máis músculo financeiro e poder afrontar proxectos máis ambiciosos economicamente falando".

O Hotel Restaurante Ínsua en Cee, un dos establecementos socios fundadores da asociación no ano 2003, acollía a reunión para poñer en común e avaliar os últimos proxectos realizados pola asociación. Entre eles Temporada de Mar canalizado polo Galp Costa Sostible; ou a dixitalización e tradución ao inglés do libro Guía e rutas da Costa da Morte e a súa presentación.

Ademais, repasaron as iniciativas que se porán en marcha en 2025, e valoraron a necesidade de crear máis eventos que xeneren sinerxias entre socios.

 

Comentarios