Martes. 19.03.2024
El tiempo

Arrinca a VIII Semana do Teatro e As Artes Escénicas de Cee

nota EsCEEna copia
Arrinca a VIII Semana do Teatro e As Artes Escénicas de Cee

Este venres ábrese o telón da VIII Semna do Teatro e as Artes Escénicas do Concello de Cee: Á EsCEEna!. Grandes directores, actrices e actores pasarán por Cee nos vindeiros días, tomando o mundo teatral o relevo trals intensas festas da Xunqueira deste ano.

Así, do 19 ó 24 de agosto teremos unha marea de actuacións co mellor do país no Auditorio Baldomero Cores a partir das 21:30. Son 5 funcións e hai Bono dispoñible por 20 euros, se non custa 7 euros cada entrada ou 5 as bonificadas (pensionistas, desempregados ou estudantes).

A Mostra arrinca hoxe venres 19 de agosto cunha función na Praza da Constitución (de balde), co Pequeno Cabaret Infantil de Nelson Quinteiro, Un orixinal espectáculo para público familiar que consiste na instalación dun vistoso teatrillo na túa rúa, cun ritmo frenético, moita interacción co público, sorpresas, cancións, coreografías e un carácter moi tenro e entrañable..

O sábado 20 de agosto, chegan Fulano, Mengano e Citano con “Top Manta”, unha serie de disparatadas historias que nos farán estoupar coa risa.

O domingo 21 de agosto, a compañía herculina Noite Bohemia trae “El acero de Madrid”, unha comedia de enredos amorosos escrita por Lope de Vega en 1608.

O luns 22 de agosto, Volta e Dalle Teatro trae “Falar por Falar” con Víctor Mosqueira e Carlos Santiago confrontando, en clave retranqueira, as súas vivencias e reflexións arredor da lingua galega.

O martes 23 de agosto, CulturaActiva trae “Conexión Pingüín”, outra obra de Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.

O mércores 24 de agosto, Producións Teatrais Excéntricas trae “O porco de pé”, de Vicente Risco, baixo a dirección de Quico Cadaval e con Patricia Vázquez, Victor Mosqueira, Evaristo Calvo.

Comentarios