Domingo. 05.07.2020
El tiempo

As escolas da zona tamén secundan a folga estudiantil

As escolas da zona tamén secundan a folga estudiantil
Cartel da Folga Estudiantil convocada por GalizaNova

Este mércores 17 de outubro as Asociacións de Pais e Nais e os sindicatos de estudiantes de todo o país convocaron unha folga estudiantil contra os recortes e a reforma educativa prevista polo goberno. I é que a "españolización" segue a dar que falar en todo o estado. O propio ministro Wert aseguraba que a reforma vai permitir que "o goberno central decida as materias a impartir, escolla os contidos das materias e defina os criterios de evaluación", asegurando que non se trata dunha "reforma centralista".

E se nos últimos tempos os centros educativos da zona están participando destas folgas. Xa o vimos o pasado mes de maio, ou en setembro do ano pasado. Para mañá mércores 17 de outubro hai convocada unha Concentración que terá lugar ás 12:00 horas nos xardíns do IES Fernando Blanco de Cee, así como outra na Praza do Concello de Carballo.
Pero ademais, cada centro terá unha concentración propia e están xa comprometidos a través das mocidades de GalizaNova os centros de:

  • Zas: IES Maximino Romero de Lema.
  • Vimianzo: IES Terra de Soneira.
  • Muxía: IES Ramón Caamaño.
  • Cee: IES Fernando Blanco, IES Agra de Raíces.
  • Fisterra: IES Fin do Camiño.
  • Carnota: IES Lamas de Castelo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa de Galiza Nova Costa da Morte e Bergantiños.

comentarios