As mulleres de Cee xa están preparadas para defenderse
08:25 01/02/13
A pasada semana clausurouse en Cee o curso de autodefensa/autoprotección ante a violencia de xénero. Participaron 13 mulleres e os diplomas foron entregados pola Concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal Mabel Fernández Durán e pola directora do CIM Conchi Millán Calenti.
Este curso foi impartido por José Rosales que pertenece ao Sindicato Unificado de Policía, organizado polo Concello de Cee en colaboración coa Delegación do Goberno para a violencia de xénero e a Secretaría Xeral de Igualdade.
Novas relacionadas
- A Costa da Morte celebra un 25N en contra do cómplice silencio.
- 25N sen silencio: Curtas que non calan.
Fonte
- Concello de Cee.