Atopan nas rochas do porto de Cubiles un home de 85 que desaparecera o sábado

18:14 24/07/22
Esta mañá de domingo, un dispositivo atopaba no porto de Cubiles (Brens, Cee) o corpo sen vida dun veciño de Cee de 85 anos que desaparecera o sábado.
A persoa falecía por causas descoñecidas e o copor estaba caído, boca abaixo, nas pedras da veira do mar, detrás da depuradora de Cee.
Garda Civil, Policía Local, Bombeiros de Cee e Protección Civil acodiron ao lugar.
Despois de que autorizasen o traslado do cadáver (a marea estaba subindo e podía arrastralo), despois de metelo nun sudario e poñelo na padiola niño, retirouse das pedras para a entrada da rampla do porto.
A chegada de funeraria estes fanse cargo do corpo para o seu traslado.