Atopan a segunda persoa falecida nunha semana en Cee
14:24 24/05/22
Esta mañá de martes, aparecía falecida unha persoa maior nunha casa ao carón da tasca de Brens. A Garda Civil e a Xudicial achegábase ao lugar, para rexistrar o pasamento.
Dase a circunstancia que este pasado domingo tivo lugar outro suceso semellante. Un home, tamén de idade avanzada, aparecía morto nun piso enriba do Café Bar Rodín, en plena praza do Concello.