Luns. 06.12.2021
El tiempo

A Audiencia da Coruña condena un acusado de tentar abusar de dous menores en Cee

A Audiencia da Coruña condena un acusado de tentar abusar de dous menores en Cee
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a tres anos e tres meses de cárcere un home como autor dun delito de abuso sexual e doutro de agresión sexual, ambos en grao de tentativa. O tribunal considera acreditado que o imputado abordou unha menor na rúa en Cee e, “coa intención de que o acompañase e manter algún tipo de relación de contido sexual”, lle colleu unha man e acariñoulla “con desexo de contido sexual”, á vez que a miraba “de arriba a abaixo de maneira lasciva”. Ese mesmo día máis tarde, nas inmediacións da porta principal do centro comercial de Cee, abordou outra menor, colleuna da man e tentou que o acompañase “para poder dalgunha maneira satisfacer o seu desexo sexual”. A nena resistiuse, ante o que o condenado reaccionou propinándolle unha puñada nas costelas. A menor, con todo, conseguiu fuxir e reunirse coas súas amig

“O relato incriminatorio que ofrecen as menores persiste no esencial”, indican os xuíces, os cales destacan que “non xorde causa algunha para concibir que a incriminación veña guiada por algunha intención espuria”. Ademais, sinalan que o relato das vítimas “atopa un indubidable respaldo, corroboración, noutras circunstancias externas derivadas de distintas fontes de proba”.

comentarios