Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A Banda de Música de Cee despide o ano cun concerto especial de Nadal

Cartel Concierto Banda de Música Navidad copia
A Banda de Música de Cee despide o ano cun concerto especial de Nadal

O Auditorio Baldomero Cores poñerá fin a un completo ano de programación cun concerto especial da Banda de Música de Cee. A agrupación musical viviu un ano repleto de concertos e conmemoracións ao cumprirse 25 anos desde o seu primeiro concerto un 15 de agosto de 1998, levando a música e o nome da vila ceense por toda a Costa da Morte, pola Barbanza e pola vila de Ortigueira.

Para despedir o ano, este sábado 30 ás 20.00 horas, a Banda de Música, dirixida por Fernando Fraga, preparou un concerto con música sinfónica e tamén europea, esta última moi propia destes días como o Feurfest de Josef Strauss, para cinque e banda de música ou as famosísimas pezas, tamén dos Strauss: A orillas del Danubio Azul e a Marcha Radetzky.

Na parte central do concerto compartirán escenario a banda de música e a Coral Polifónica Costa da Morte, dirixida por D. Isidro Caamaño. As dúas agrupacións interpretarán o Ave Verum Corpus, de W. A. Mozart, Ave María de G. Caccini e o Adeste Fideles de J. F. Wade.

No final do concerto os intérpretes felicitarán o novo ano a todo o público asistente.

Comentarios