A Biblioteca de Cee volve convocar os seus concursos de achegamento cultural
Volve convocar José Ramón Rey Senra, dende a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, os seus concursos para achegar á comunidade escolar un mundo de cultura. Uns premios que levan máis de 30 anos animando aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.
30 anos nos que se teñen presentado 7.649 traballos, dando conta da incidencia dos certames no alumnado de primaria de toda a comarca.
Os certames son o XXXI Concurso de Achegamento ó Libro, e o Concurso "Na Procura do Noso XVIII Marcapáxinas”, para os que se mantén a cantidade premios do ano pasado, sempre enfocados a ser trocados en comercios locais.
Poden ler as bases na web municipal, e lembran que para presentar os traballos, deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Cee, sito no 1º andar da Casa do Concello (Rúa Domingo A. de Andrade, s/n) en horario de mañá de luns a venres de 9.30-13.30 horas, ata o 7 de abril ou enviar por correo ordinario, antes da devandita data.
Novas relacionadas
- Novembro 21: O Marcapáxinas de Azara xa percorre Cee.
- Maio 21: A Biblioteca de Cee falla os gañadores dos 30 anos de certames literarios.
- Decembro 2019: A Biblioteca de Cee xa ten o seu Marca-páxinas na rúa.
- 2019: A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas.
- Maio 18: A Biblioteca de Cee xa ten gañadores dos seus Certames Literarios.
- Maio 2017: Os certames escolares culturais da Biblioteca Francisco Mayán alcanzan os 7.000 traballos presentados.
- Maio 2016: Máis de 400 rapaces achéganse á cultura cos certames da Biblioteca de Cee.