Martes. 19.03.2024
El tiempo

O BNG pide ao pleno de Cee instar á Xunta a incrementar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

A Deputación impulsa con 26.342 euros o acondicionamento dunha vía no núcleo de Lires
galegas 8m 2021
O BNG pide ao pleno de Cee instar á Xunta a incrementar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar

Achégase o Día Internacional da Muller, e as Galegas8M xunto cos colectivos feministas da comarca teñen preparado unha serie de actuacións. De feito, a CIG xa ten convocada xa unha folga e unha manifestación en Carballo para o propio 8 de marzo, mentres Buserana espera a ver a situación sanitaria para convocar outra en Cee.

Nesa tesitura, dende o BNG de Cee levan unha moción ao pleno para “expresar e recoñecer as convocatorias do feminismo galego autoorganizado, demandar do goberno central o aumento dos recursos destinados á inspección laboral e a súa transferencia á Comunidade autónoma galega e da Xunta de Galiza o impulso da creación dun corpo específico de inspección laboral que teña competencia para realizar inspeccións aleatorias para testar a existencia ou non de discriminacións por razón de xénero”.

O grupo considera que a “pandemia fixo visíbel o papel esencial das mulleres para o sostemento da vida e aqueles traballos esenciais para a sociedade”. De aí que tamén pida acordo plenario para “instar á Xunta de Galiza a asumir as súas competencias en materia de atención á dependencia”. Concretamente pide “ incrementar nomeadamente o financiamento que achega ao sostemento do Servizo de Axuda no Fogar para cubrir o custe real da prestación do servizo así como a modificación da actual normativa para que as empresas que vulneren os dereitos laborais e salariais das traballadoras non poidan concorrer aos procesos de licitación”.

Pequenas obras en Lires

Pendentes das obras nas beirarrúas, a Deputación anuncia unhas pequenas obras, por 25.000€, nunha pista próxima á casa reitoral de Santo Estevo e ao Camiño de Santiago de Fisterra e Muxía e consistirán na súa pavimentación, reconstrución dun muro e mellora da intersección no final do camiño. Unha obra do POS 2020. As obras atópanse en fase de licitación e as empresas poderán presentar ofertas ata o 11 de marzo de 2021. O prazo de execución das mesmas é de 6 meses.

&Nbsp;

Novas do 8m.

Outras novas

Comentarios