Domingo. 25.08.2019
El tiempo

Os Bombeiros de Cee rescatan un operario da piscifactoría de Lires que caera por un burato de 6 metros

Imaxe da piscifactoría de Lires

Tiveron que acodir os Bombeiros de Cee á piscifactoría que o “Grupo Tres Mares SA” ten en Lires. Un operario caía nun burato duns seis metros de profundidade cando traballaba. O accidente laboral tiña lugar arredor das 14:00h de onte, xoves, coa Borrasca Miguel descabargaba a súa furia sobre a bisbarra.

Os primeiros en chegar foron os profesionais sanitarios que acudiron a atender ao ferido e descubriron que estaba no fondo dun burato de difícil acceso. Para rescatalo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, avisouse aos Bombeiros de Cee, que sacaron ao operario para, finalmente, ser evacuado nunha ambulancia de 061-Urxencias Sanitarias ao centro hospitalario de referencia.
No operativo tamén estiveron os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Comentarios