Martes. 19.03.2024
El tiempo

Buserana celebra 21 anos de loita feminista con lembranzas, música e poesía

21 anos de Buserana
Buserana celebra 21 anos de loita feminista con lembranzas, música e poesía

Este domingo 24, a partir das 18:00h, a Casa da Cultura de Cee tinguirase de morado para celebrar os 21 anos da Asociación Feminista Buserana. Unha celebración por todo o alto, unha vez que os 20 cadraron en plena pandemia.

Ducias de mulleres de toda a comarca compartirán os 21 anos de loita contra o machismo e a violencia de xénero. Haberá un vídeo que repasará, en fotos, as lembranzas de todas estas protagonistas da revolución feminista na fin da terra. 21 anos de eventos, actuacións, manifestacións, concentracións… Toda unha traxectoria en imaxes.

O grupo de danza moderna de Brens porá o toque artístico, e Concha Blanco o poético, da man do seu último libro “Feminino singular, en plural”.

Despois da reflexión conxunta, será nada menos que Adhara Caamaño, a Cuncheira de Sofán, a que entone algúns temas, entre os que seguro que vai este impresionante “Por elas”.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios