mércores. 11.12.2024
El tiempo

25N en Cee: “Non somos bonecas que crebar. Somos mulleres que respectar”

25N en Cee con Buserana
Mulleres de Buserana en Cee
25N en Cee: “Non somos bonecas que crebar. Somos mulleres que respectar”

Gran resposta da veciñanza ás concentracións convocadas polas entidades sociais en vilas como Ponteceso, Laxe, Carnota ou Cee. Máis dun centenar de persoas dábanse cita en Cee para secundar a concentración convocada pola Asociación Feminista Buserana. Moita xente, pero ningunha representación municipal, se cadra preocupada pola polémica xerada pola sexualizada imaxe escollida para a campaña municipal. 

Este ano a entidade levou o lema “Non somos bonecas que crebar. Somos mulleres que respectar”, e o simbolizaron cun feixe de bonecas ciscadas sobre unha lona negra.

concentracion en Cee con Buserana polo 25N 2
concentracion en Cee con Buserana polo 25N 2

A emoción reinou no ambiente e durante o discurso as mulleres volveron lembrar a necesidade de seguir loitando nas rúas, “nese espazo de loita que segue sendo o noso bastión, o do feminismo e o combate contra un machismo feroz e recrudecido, alentado por políticas negacionistas que só conseguen que cada vítima sexa un pouco máis invisible”.

Puxeron o acento en como os medios tratan os asasinatos con “titulares tendenciosos onde nunca nos matan, só "morremos". Que minimizan a violación e expoñen a quen a sofre para que sexan xulgadas publicamente, antes de facelo xudicialmente noutro tortuoso camiño onde a cotío somos revictimizadas con sentenzas onde o patriarcado segue moi presente, e castiga que queiramos ser libres decidindo sen a tutela de ningún home”.

Lembraron que “a asignatura pendente segue a ser a Educación na Igualdade”, que está a provocar un auxe das violencias entre os máis novos, debido á “desinformación para unha mocidade sen apenas referentes que non conteñan sexismos ou estereotipos de xénero”.

concentracion en Cee con Buserana polo 25N

Certame Literario

A xornada serviu para presentar as gañadoras do certame literario, cuios traballos traeremos en QPC. A gañadora do certame en categoría xuvenil é Aroa López co relato titulado “Un ramo de flores”.
Houbo un empate técnico en categoría adulta e as gañadoras son Maria Luisa Vidal Collazo con “Malva de olor” e María Paz Lema por “A derradeira xogada”.

Tamén en Carnota

En Carnota, tamén houbo unha concentración convocada pola Asociación Sonlilá, que volveu colgar carteis na Praza da Pedra cos nomes das 83 mulleres asasinadas no que vai de ano.

25N en Carnota con Sonlila

Máis novas do 25N

Comentarios