Venres. 18.10.2019
El tiempo

Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee

Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee
A Organización Feminista Buserana da Costa da Morte pide un rincon violeta na Biblioteca de Cee

Xa está aí o 8 de marzo, o Día Internacional da Muller. E xa son varios os ecos que se escoitan sobre actividades pola comarca fisterrá. Pero antes, Organización Feminista Buserana, vén de presentar no Concello de Cee unha petición de creación dun Rincón Violeta, na nova Biblioteca Municipal.

As mulleres da Buserana pedíronlle á alcaldesa ceense “un espazo feminista, onde se recollan as obras de historia, ciencias naturais, literatura, biografías, etc., do traballo realizado por mulleres nestes ámbitos, ao longo da historia. En definitiva un espazo da biblioteca onde a muller sexa a protagonista”.

Consideran que “cómpre achegar este traballo, moitas veces descoñecido e/ou infravalorado, á cidadanía para o seu recoñecemento, para a súa posta en valor. Queremos que a través deste rincón, e cos libros como ferramenta, intentemos difundir, formar, sensibilizar e así acadar entre todas e todos, unha sociedade máis igualitaria.

Unha documental en Cee

Documental polo 8 de marzo-Cartel de Viki Rivadulla

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e a Comisión de Acción Feminista do BNG da Costa da Morte presentan o próximo venres 6 ás 19:00h no Salón de Plenos de Cee, o documental "Costa das mulleres". Unha pequena "homenaxe necesaria para lembrar o pasado, vivir o presente e mellorar o futuro das mulleres da nosa comarca".

Máis actividades do CIM de Cee

O Centro Social de Cee acolle o xoves 5 de marzo un Almorzo-Tertulia ás 10:30h, ao que poden asistir todas as mulleres que desexen participar desta actividade. Falarase de diversos temas relacionados coa muller: emprego, Igualdade, evolución social e laboral…

Ademais, o día 6 de marzo ás 13:00h (diante do Concello) haberá una concentración e lectura do manifesto por parte da concelleira de Igualdade: Mabel Fernández Durán.

Coeducación en Corcubión

8 de marzo en Corcubion

E tamén haberá actividades no Concello de Corcubión con motivo do 8 de Marzo Día da Muller. O sábado 7 de marzo, de 11:00 a 13:15 teremos un contacontos e uns xogos tradicionais para coeducar en igualdade.

Vimianzo en marcha

O Concello de Vimianzo arma unha concentración ás portas do Concello, como tódolos anos.

8demarzo vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios