sábado. 02.08.2025
El tiempo

As Cabañas de Lires celebran 20 anos compartido natureza e autenticidade

Cabanas de Lires cumplen 20 anos
As Cabañas de Lires celebran 20 anos compartido natureza e autenticidade

Hoxe 1 de agosto, Cabañas de Lires celebra dúas décadas de historia, hospitalidade e conexión coa natureza moi preto da Ría de Lires. Un aniversario que marca non só unha traxectoria empresarial, senón unha historia de vida, de soños cumpridos e de milleiros de experiencias compartidas.

Dende aquel 2005 que abriu as súas portas, e collendo como relevo xeracional unha das pioneiras casas de turismo rural en Lires, Casa Jesús -aberta dende os anos 80-, este proxecto naceu co obxectivo de ofrecer un xeito distinto de disfrutar e experimentar a Costa da Morte: máis próximo, máis humano e sempre en harmonía co medio. Vinte anos despois, Cabañas de Lires é xa un espazo icónico dentro do ecoturismo galego.

Un soño entre cabanas, natureza e animais

Detrás deste proxecto hai unha historia persoal: os promotores, nativos de Lires, Braulio e Inés, no seu afán de voltar ás orixes e a súa terra, e no caso concretamente da promotora, criada entre turistas, excursións e lembranzas da infancia. A ilusión por construír unha cabana —inspirada polas sesións de Heidi— e a paixón pola natureza conflúen hoxe nun espazo onde o rural convive co confort e o agarimo.

Poñendo a ollada 20 anos atrás, os servizos tecnolóxicos mudaron moito, algúns hóspedes aínda usaban a cabina telefónica do complexo, e mesmo os walkie-talkies como intercomunicadores.

Coa chegada da wifi, aplicacións coma WhatsApp e as reservas online, mudaron moito as conexións, agás a cobertura móbil, que curiosamente segue sendo a mesma.

Animais, infancia e vínculo coa terra

Un dos sinais de identidade de Cabañas de Lires foi sempre a súa relación co mundo animal. As mascotas foron benvidas dende o primeiro día, campando ceibos no xardín os coellos e os parrulos. Na granxa, as galiñas, as cabras e mesmo un poni — auténtica estrela para os máis pequenos— fan que cada visita se converta nunha experiencia lúdica e educativa para as familias.

Tamén xurdiron as colobaracións con empresas da zona para facer mais atractiva a oferta, así como rutas a cabalo, sendeirismo, rutas en kayak, surf e mesmo ioga serían outras das actividades complementarias.

Evolución e expansión con alma local

Ecoturismo Cabanas Ria de Lires
A Braña, un dos novos emprezamentos do grupo Ecoturismo Ría de Lires

Ao longo dos anos, o proxecto foi medrando con humildade e coherencia. Xurdiron novos espazos como A Braña Restaurante & Bar e Cabanas da Ría, e máis recentemente Aquarelax, unha zona de benestar con spa, pisciña cuberta e climatizada, masaxes e tratamentos estéticos. Todos istos establecementos e servizos conforman a día de hoxe o grupo Ecoturismo Ría de Lires, que segue
un obxectivo claro: Mellorar a experiencia e a calidade sen perder a esencia do rural.

Ese compromiso foi recoñecido coa Q de Calidade Turística, pero o verdadeiro premio chega cada vez que un hóspede volta, ano tras ano, buscando esa sensación de estar na casa, nun recuncho onde o tempo vai máis amodo e se comparten momentos de amizade.

Un aniversario para lembrar

Para festexar este 20 aniversario, este venres a partir das 21:00 h haberá un concerto en A Braña Restaurante & Bar, e tamén todos os xoves do mes de agosto haberá música en vivo no mesmo espazo, con artistas da zona e convidados que encherán de alegría e celebración nas noites do verán. Ademáis, nas redes sociais de Ecoturismo Ría de Lires sortearase unha fin de semana completa en Cabañas de Lires, con almorzo campestre e tamén acceso ó espazo Aquarelax.

Concerto Heiko en Llires

Comentarios