Camiñando por unha educación inclusiva
07:12 28/11/17
A confederación de Anpas galegas organizou a semana pasada as VII xornadas sobre a Atención á Diversidade
A semana pasada tiveron lugar no IES Fernando Blanco de Cee unhas xornadas sobre a Atención á Diversidade organizadas polas confederación de Anpas Galegas que fai un balance moi positivo en canto á participación tanto por parte das familias coma do profesorado.
Segundo sinalan os organizadores, o obxectivo primordial destas xornadas foi xerar un tempo e un espazo no que adquirir coñecementos e que profesorado, nais e pais tiveran a oportunidade de aprender xuntos xa que entre todos perseguen mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado. "Entendemos que conseguimos amplamente os obxectivos propostos", sinalan dende a confederación.
Estas VII xornadas centraronse na Diversidade e Educación e os participantes aproveitaron para coñecer novos aspectos educativos. Eva Ramil - do proxecto ENKI - falou sobra a necesaria atención á diversidade en todos os ámbitos (tamén no deporte) co seu relatorio "Unha carreira a prol da inclusión". O peche veu da man dos propios organizadores quenes falaron de "O Camiño Sen Límites", concebido coma unha estratexia inclusiva a longo prazo no que a través de varios roteiros se inclúen diversas actvidades dirixidas a un alumnado diverso de distintos centros educativos e organizacións.
Xornadas de Inclusion das ANPAS-Foto-Rafa Quintans
Novas relacionadas
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez
- As ANPAs avanzan en Vimianzo as novas Xornadas de Diversidade e o novo Camiño SenLímites
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.
- As Fedanpas artellan unhas completas Xornadas de Atención á diversidade nas escolas
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Federación Provincial de ANPAs da Coruña - Costa da Morte