mércores. 04.12.2024
El tiempo

O BNG fai as súas propostas polo 25N

BNG de Cee na praza 8 de marzo coa campana 25N
O BNG fai as súas propostas polo 25N

O BNG de Cee, como vén facendo desde fai anos, quixo presentar a súa propia campaña de concienación co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero. Pensando no 25N, o grupo, que completará estas accións cunha moción no pleno, prepara varias accións para o sábado 23, domingo 24 e luns 25 de novembro.

O sábado 23 de novembro prepara unha singular Carreira Solidaria de Homes en zapatos de Tacón. A cita, baixo o lema, "ponte nos meus zapatos", será ás 18:00h nos arredores da Praia da Concha. "Con esta carreira queremos representar e visibilizar a indefensión e vulnerabilidade da muller fronte o maltrato e agresións machistas", explican. 
Á xornada invitan a levar alimentos non perecedeiros, que serán doados a Cáritas-Cee, unha entidade que dá alimento a 200 persoas diarias, moitas delas inmigrantes e que tamén atende a mulleres vítimas de violencia machista. 

Xusto ao remate da carreira, volverán a facer a Solta de Faroliños para honrar a todas as mulleres mortas por seren víctimas de violencia machista.

Para a xornada do domingo 24 de novembro, ás 12h, fronte ao  Centro Comercial Finisterrae, colocarán un panel para que a xente poida "Deixar a túa pegada".

Ademais, o luns 25 de novembro, ás 20.0oh no no Rock Corner, abrirán os micrófonos para que quen queira poida contar Relatos de vidas reais, no marco dunhas xornadas que levan como lema "As cicatrices insvisibles". "En primeira ou terceira persoa, escoitaremos testimonios que axuden a entender o que moitas mulleres pasan ou pasaron e todo buscando sanar esas cicatrices".

CARTAZ 25N - BNG Cee

Comentarios