Xoves. 09.07.2020
El tiempo

Cee busca voluntarios para atender aos maiores e abre un servizo contra a soidade

Atencion a persoas maiores
Atencion a persoas maiores
Cee busca voluntarios para atender aos maiores e abre un servizo contra a soidade

O Concello de Cee, en colaboración coa Cruz Vermella e a Parroquia de Santa Mª da Xunqueira, vén de abrir un servizo de voluntariado a disposición das persoas maiores e das persoas que se atopen en situación de especial vulnerabilidade para atender ás súas necesidades básicas, tales como compra de alimentos, medicamentos ou produtos de primeira necesidade.

Ademais, as persoas que se atopen moi soas, tamén poden contactar cos Servizos Sociais municipais.

Xa poden poñerse en contacto no 981 741 100 (en horario de mañá) ou nos 663523250, 663523206.

comentarios