#EUNONPODOESCOLLERQUEDARNACASA
Marcela Canosa: "Por agora, a histeria só se nota á hora de comprar cousas"

En QPC somos dos que podemos dicir #euquedonacasa, traballando e conciliando como podemos para campear este temporal sanitario. Outr@s non poden escoller quedar na casa, como o persoal de tendas, supermercados, correos, quioscos, gasolineras, estancos, panaderías, axuda a domicilio, corpos e forzas de seguridade, ambulancias…
Abrimos unha serie de conversas cos profesionais que seguen traballando a pé de rúa, expoñéndose á expansión do coronavirus e de sufrir as súas consecuencias nas súa pel.
Falamos hoxe con Marcela Canosa, que dende a Estación de Servizo Bazarra, ademais de “agradecer a confianza da xente nestes duros momentos”, cóntanos como están sendo estes días.
- QPC: Traballastes máis que un domingo calequera, e iso que non había mercado?
Onte (polo domingo) foi unha “locura”, pero a xente creo que aínda non se dou conta do que nos está pasando.
- QPC: Como é o voso protocolo? Levades luvas e mascarilla?
Ata o sábado estiven só con guantes, pero vendo como está o panorama decidín poñer mascarilla, porque a xente achéhase a ti e ao mostrador para pagar, non sempre con tarxeta, como se nada pasase.
- QPC: Non ves á xente concienzada aínda? Mantén as medidas de prevención aconselladas polo Ministerio a xente (un metro entre cada persoa, pagos con tarxetas, só unha persoa para facer a compra…)?
Non demasiado. Achéganse ao mostrador uns encima dos outros e hai ata que dicirlles que manteñan as distancias con nós e entre eles.
- QPC: Non notas pois histeria colectiva?
Histeria só se nota á hora de comprar cousas, porque a xente onte viña comprar ao noso Claudio como se mañá non fose a haber nada nos supermercados. E viñan ademais todos enfadados porque os supermercados estaban cerrados... porque cren que tiñan que estar abertos…
- QPC: Entón…Que tal andades de papel hixiénico?
Jajajaja, pois acabouse…
- QPC: Notas algo de agradecemento na poboación?
Teño que dicir que pouca xente agradece as cousas.
- QPC: Temes, ao non ver tanta precaución entre a veciñanza, convertirte en transmisora? Ao chegar a casa como combinas para manter as distancias? Segues tendo contacto cos teus maiores?
Pois ese é un tema delicado. Eu en casa non teño maiores, pero teño un fillo e decidín, antes de que todo se desbordase, levalo a caso da avoa, que vive nunha aldea de Sardiñeiro, e así non ter que estar eu cerca del. Sei que con eles van estar ben e sinceiramente creo creo que os que estamos así de expostos imos acabar tendo o coronavirus.
- QPC: Que lle podemos pedir aos clientes?
Pois precisamente onte enviamos polas redes sociais unha serie de recomendacións que non estaría mal que lesen e cumprisen.
Todas as novas do Coronavirus
- 15-03-2020: #Euquedonacasa: “Por favor, cordura, responsabilidade e respecto”.
- 14-03-2020: Un fisterrán, o primeiro positivo por coronavirus na Costa da Morte.
- 14-03-2020: A Costa da Morte suspende a Semana Santa:
- 12-03-2020: A información dos Concellos ante a crise do coronavirus.
- 12-03-2020: A receita contra o Coronavirus: coherencia e responsabilidade.
- 12-03-2020: Máis cancelacións: A Xunta pecha todos os centros escolares; Camariñas cancela a Mostra.
- 11-03-2020: Avalancha de suspensións na Costa da Morte para conter o coronavirus.
- 11-03-2020: O medo ao Coronavirus xa comeza a incidir no turismo costeiro trala cancelación de todas as excursións do IMSERSO.
- 09-03-2020: Piden facer “vida normal” ante unha falsa alarma de coronavirus nunha excursión de estudantes de Santa Comba.