Domingo. 03.07.2022
El tiempo

Cee coñece os seus camiños

Caminada por Cee 3
Fotos de Víctor Conde
Cee coñece os seus camiños

Este pasado sábado 4 de xuño tivo lugar a 1ª camiñata (Cee-Brens 8 KM) dentro do programa “Poñémonos en marcha cs Camiños Activos de Cee Contra o Cancro”, organizado polo Servizo de Deportes do concello de Cee, da man de Manolo Calo.

Un programa para promocionar entre a veciñanza, os diferentes itinerarios que transcorren por rúas, estradas e camiños da vila, así como fomentar a práctica libre de actividade física.

Caminada por Cee 4
Fotos de Víctor Conde
Camina Cee AECC
A familia da AECC de Cee. Fotos de Víctor Conde

Máis de medio centenar de persoas participaron nesta camiñata circular, con saída (ás 10:00 h.) e chegada (ás 12:15 horas) no paseo marítimo do “Alcalde Pepe Sánchez” de Cee. No lugar da saída da camiñata, a AGRUPACIÓN LOCAL DE AECC DE CEE, montou un posto para a venda de camisetas, anorakcs e mochilas para axudar así á loita coa o cancro.
Ademais os voluntarios de Protección Civil velaron pola seguridade durante todo o percorrido.

A próxima camiñata está prevista para o sábado 18 de xuño (Cee-Toba 8 km) e o prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 15 de xuño na oficina do Servizo de Deportes Municipal, no email [email protected], ou ben no teléfono 981745100 (extensión nº 9).

Caminada por Cee
Fotos de Víctor Conde

Novas relacionadas

comentarios