Martes. 19.10.2021
El tiempo

Cee conta as horas para as Festas da Xunqueira e a Semana do teatro A EsCEEna

IMG-20210730-WA0001
Cee conta as horas para as Festas da Xunqueira e a Semana do teatro A EsCEEna

Xa te,ms a programación cultural e das Festas da Xunqueira 2021. Unhas festas, que este ano recuperan o pregón, a cargo do poeta e home de mar ceense Xosé Iglesias. Ó mesmo seguerá o concerto espectaculo "Nostálgica" para rematar co novo traballo doutra ceense, neste caso a cantante Rocío Caamaño.

No día grande do 15 de agosto actuará a que está considerada como mellor banda tributo a El Último de la Fila e Manolo García, pechando esta xornada cun festival de fogos no Paseo Marítimo que, lonxe das tiradas de fogos de antes da pandemia, pretende poñer unha nota de cor nestes tempos grises que nos toca vivir.

As banda de música de Cee e Padrón, a charanga O Rumbo, Os Viqueiras de Ordes con cabezudos, a banda de gaitas de San Xoán de Paramos (Tui), o gran concerto de Óscar Ibáñez o día 16 como peche de festas, as sesións vermú dos días 15 e 16 coa CDC disco e os grupos La Habitación de la Música e Nuevo Plan completan un completo e variado programa de festas.

Os concertos dos 4 días na Praza 8 de marzo celebraranse en espazo acotado e será necesario retirar previamente a entrada na Biblioteca Municipal.

Todos pediron colaboración cidadá para manter as restricións

A EsCEEna

Finalmente, o técnico de Cultura, presentou a VII Semana das Artes Escénicas e Musicais "A EsCEEna", que este ano trae como novidades dúas funcións en exterior, a exposición Don Gaiferos na Casa de Cultura a inaugurar o día 11 de agosto e 6 espectáculos de primeiro nivel entre os días 17 e 22 de agosto. Salientou o técnico, o espectáculo multidiciplinar "Don Gaiferos" que abrirá o Festival contando coa música en directo do dúo Caamaño-Ameixeiras, o cabaré "Fala-me" da compañía de Nelson Quinteiro, que conta no elenco co ceense Iván Villar, nominado recentemente coa Nova Galega de Danza ós Premios Max polo traballo "Leira", e "Dúas pedras no camiño", o famosísimo espectáculo de Mofa&Befa como peche de A EsCEEna.

Completarán a edición deste ano grandes actores como Quico Cadaval, Cándido Pazo e a compañía Malasombra, triunfadora hai dous anos nos Premios Marias Casares con "Bernarda", obra que tamén pasou pola cita ceense. Recordou, Victor Castiñeira, a posibilidade de mercar xa na Biblioteca Municipal os bonos, este ano con prezos moi económicos e tamén, por primeira vez, a necesidade de mercar, tamén na Biblioteca, as entradas para os espectáculos de cada día con antelación e non o propio día na taquilla.

comentarios