Cee convida ao comercio local a sumarse á campaña "En Negro contra a Violencia"
08:09 26/10/17
Os vindeiros días 23, 24, 25 e 26 de novembro desenvolverase a campaña "En Negro contra a Violencia", na que participan varios concellos da Costa da Morte. Entre eles está tamén o de Cee que vén de convidar ao comercio local a que se sumen a esta iniciativa vestindo os seus escaparates de negro co fin de darlle visibilidade á campaña.
Dende o departamento que dirixe Pilar Iglesias - concelleira de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Emprego - en colaboración co CIM consideran que a situación require dunha resposta da sociedade que poña de manifesto o rexeitamento de todas as formas de violencia contra as mulleres. Coincidindo día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que se celebra o 25 de novembro, varios concellos da Costa da Morte participarán na campaña “En negro contra a violencia”, e dentro desta iniciativa, a idea é vestir de loito as vilas, en sinal de dor por todas as mulleres que sofren violencia. A nivel particular cada persoa pode colgar nas súas ventás unha prenda de roupa de cor negra, para solidarizarse con todas as mulleres, fillas e fillos que sofren calquera forma de violencia.
As persoas que desexen participar poden chamar ao teléfono: 607026795 (Conchi) ou remitir un correo a [email protected]
Novas relacionadas
- O concello de Vimianzo anuncia medidas legais polo sorteo dunha “subida cunha chica” nun bar-club da vila
- Un #25N en violeta e En Negro
- A fisterrá Lucía Costa fai unha rapsodia fotográfica á muller.
- #25N: Os estudantes súmanse á loita contra a violencia de xénero.
- #25N: A Buserana volve saír á rúa contra a violencia de xénero
- #25N: A loita contra a violencia de xénero dende os escaparates.
- Máis de cen establecementos de Zas tinguiranse de negro para loitar contra a violencia machista
- Carballo e Zas súmanse á campaña “En negro contra a violencia”
- /a-buserana-rexeita-as-ofertas-de-emprego-sexistas/.
- O día da Muller deixa poucas celebracións e moitas reclamacións na Costa da Morte.
- O Día da Muller, esa data que non debería existir
- I Gala Solidaria do Día da Muller: Implicadas en que o Día da Muller non sexa unha efeméride.
- 29-01-16: Basta Xa! Berremos ata que non haia máis violencia contra as mulleres.
- As Buseranas alzan a voz contra o machismo tras un verán negro.
- A Buserana alza a voz contra a Violencia de Xénero e critica que non se trate como asunto político prioritario.
- A Costa da Morte segue tecendo redes pola igualdade real da Muller.
- Un percorrido pola historia, dende Muxía, en clave feminina.
- Buserana cumple 15 anos loitando polos dereitos da Muller.
- Buserana pide un Rincón Violeta na nova Biblioteca de Cee.
- 25-11-16: #25N: Malpica plántalle cara á violencia de xénero cun lipdub
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo