xoves. 01.05.2025
El tiempo

Carballo, Cee, Coristanco, Ponteceso, Zas e Baio preparan os actos do nadal

Carballo, Cee, Coristanco, Ponteceso, Zas e Baio preparan os actos do nadal
A Costa da Morte comeza a ulir a Nadal. Ademais do alumeado público con motivos navideños que invade a estrada AC 551 os concellos e outras organizacións apuranse a pechar a programación para os vindeiros días de festa que van dende as actividades culturais ata as máis solidarias. Carballo Evencio Ferrero, Marcos Trigo e José Manuel Naya presentaron o programa Nadal Cultural 2015 de Carballo Evencio Ferrero, Marcos Trigo e José Manuel Naya presentaron o programa Nadal Cultural 2015 de Carballo Cantos de Nadal, cabalgatas de Reis, obradoiros, contacontos, arte, bailes para maiores, o Apalpador, iniciativas solidarias e o sempre agardado Nadal Pequespectacular enchen un ano máis a programación dun Nadal Cultural que ofrece citas para todos os públicos, pero nomeadamente para os máis cativos e cativas, entre o 9 de decembro e o 10 de xaneiro. Para ver a programación preme aquí. Cee Jose Manuel Otero Lastres presenta o vindeiro martes en Cee a súa nova novela Jose Manuel Otero Lastres presenta o vindeiro martes en Cee a súa nova novela O concello de Cee que inicia o vindeiro martes, 15 de decembro, a súa programación de Nadal coa presentación da nova novela de José Manuel Otero Lastres, "Sombras de Ningurán". A obra ambiéntase en novembro de 2011, en Ningurán, unha localidade da Costa da Morte. Alí vaise a proceder á exhumación do corpo de Romualdo García, un coñecido constructor da zona, para realizarlle as probas de ADN debido á demanda de paternidade dun home dese pobo, Manuel Antonio Yáñez, que asegura ser o seu fillo. No momento de abrir o nicho, compróbase que o cadáver ten desaparecido. As sospeitas recaen sobre a familia do morto, reacia a recoñecer ó novo membro, ó que ven como un carroñeiro na busca da sustanciosa herdanza do finado. Pero nin a muller nin os fillos de Romualdo gardan relación con este suceso. Para comprender o que ten acontecido é necesario remontarse oitenta anos atrás. No outono de 1931, María Fuentes, unha veciña de Ningurán, dá á luz a xemelgos. O párroco, axudado polo médico, fai crer á nai que un deles morreu no parto para así poder entregarllo a unha acomodada familia de Santiago de Compostela... A presentación da obra é ás 20. 30 horas na sala de conferencias da Casa de Cultura Cee nun acto no que o autor do libro estará acompañado polo alcalde da vila, Ramón Vigo, a concelleira de Cultura e Festexos, Yolanda García, a enxeñeira e escritora ceense, María Canosa, o poeta e catedrático de literatura na Universidade de A Coruña, José María Paz Gago e o escritor Alfredo Conde, Premio Nacional de Literatura. Recollida de xoguetes
Pola súa banda, o departamento de Educación Familiar do concello de Cee, pon en marcha II campaña de recollida de xoguetes e contos para este Nadal, co obxetivo de que todos os nenos e nenas poidan ter o seu agasallo. Os xoguetes e contos poden ser novos ou usados; sempre e cando estén en bo estado. Os doadores poden deixar o material na primeira ou segunda planta do concello, a carón da árbore de Nadal, ata o vindeiro 4 de xaneiro.
Ponteceso
Os colexios do concello de Ponteceso reciben o vindeiro venres, 11 de decembro, a visita do Apalpador grazas ó traballo da área de Normalización Lingüística, dirixida por Carlos Penedo Casmartiño. Chegará ás 9 e media da mañá ao CEIP Eduardo Pondal, onde se reunirá primeiro co alumnadode infantil e 1º e 2º de primaria, para logo visitar as demais aulas do centro. Ás 11 estará no CEIP As Forcadas para que os nenos e nenas de Corme poidan disfrutar da súa compaña. Por outra banda, desde a mesma área do concello realizouse un reparto polos centros de ensino e comercios de Ponteceso e Corme de cartas para os Reis Magos co fin de que todo o mundo poida dirixir as súas peticións con tempo.
Coristanco
O Apalpador visita a vindeira semana os centros educativos de Coristanco O Apalpador visita a vindeira semana os centros educativos de Coristanco
O Apalpador tamén chegará a próxima semana aos centros educativos de Coristanco grazas ao traballo organizativo das voluntarias e das voluntarias da asociación ecoloxista Senda Nova, e á colaboración da concellaría de Cultura, Educación e Turismo.
Zas
programacion nadal zas
O concello de Zas comeza o vindeiro luns, 14 de decembro, a súa programación de Nadal con actividades para todos os públicos nas que se inclúen teatro infantil, contacontos, obradoiros, un concurso de panxoliñas, e o concerto de "De Vacas" que terá lugar o sábado 26 de decembro nunha carpa que se instalará na praza de Baio.
Baio
Un ano máis a Federación de Asociacións de Baio - FABA -, coa colaboración do concello de Zas, únese para organizar os actos do nadal na vila que comezan o vindeiro domingo co XII Memorial Pepe Valiña de Corais e rematan o 9 de xaneiro coa obra de teatro "Unha de romanos" da man de Badius.
A coral Xan Mella, a asociación de empresarios, o CD Baio, o alumnado do IES, a asociación deportiva Sua Agra, Badius e a asociación cultural Adro, entre outros colaboradores encárgaranse de coordinar as diversas actividades programadas: monólogo, festival solidario, maratón de fútbol sala, carreira de san Silvestre, espectáculos infantís, obradoiros, talleres, charlas saudables,... e moitas outras actividades que encherán as rúas de Baio nas próximas datas.
Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)

Comentarios