Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Cee disfruta de días de sendeirismo, teatro e deporte

Cee disfruta de días de sendeirismo, teatro e deporte

Varias son as actividades que nos prantexa o Concello de Cee para as vindeiras datas:

Roteiro de sendeirismo por Carnota e visita a Muros

A Delegación de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Persoal do concello de Cee organiza un roteiro por Carnota e Muros para o vindeiro sábado 12 de maio. A saída será ás 8.30 da estación de bus (de balde) e poden inscribirse nas Oficiñas de servizos Sociais e Centro Social do Concello de Cee.

Títeres en Cee

Continúa a programación dos Sábados Culturais en Cee. Este sábado 21 abril, ás 19.00 horas, o Salón de Actos do Concello acolle a obra de Títeres Tres Globos "O Sapo encatado". Unha obra de Xan Pérez que trata sobre Leticia todo noticia, que nos conta como o Principe Croberto, convertido en sapo pola meiga Maleira, busca desesperadamente unha princesa que lle dé un bico de amor para desfacer o meigallo. Entradas a 1.5 e 2.5 euros.

Curso de Defensa Persoal en Cee

Este venres 20 de abril ás 21.00 horas terá lugar, nas instalacións da Piscina Municipal de Cee, un novo curso de defensa personal dirixido a toda a poboación impartido por José Calabria Díaz (I Dan de defensa personal, IV Dan de hapkido e I Dan taekon-do ITF).
A inscrición será gratuíta e se poderá facer na Pisicina Municipal de Cee ou chamando ao teléfono 981.747973.
Esta actividade está organizada pola entidade ceense "Club Cee Deportes de Contacto" e conta coa colaboración da empresa concesionaria Aquacenit e do Concello de Cee.

XXV Copa Maratón de Fútbol Sala

A fin de semana do 5 ao 6 de maio de 2012 disputarase no Pavillón Municipal de Cee a XXV edición da Copa-Maratón de Fútbol Sala organizada polo Concello de Cee e pola A.D.C. Brens. Neste torneo participarán os 20 equipos que competiron na Liga de Fútbol Sala Sénior de Cee 2011-2012 (outubro 2011-abril 2012).
O horario de comezo será ás 15.00 horas do sábado 5 de rematará o domingo 6: 3º-4º posto ás 20.00 horas e a final ás 21.00 horas. Posteriormente farase a entrega de trofeos do propio maratón así como os da liga regular.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Cee.

Comentarios