xoves. 01.05.2025
El tiempo

Cee e Carballo acollen a posta de longo do proxecto provincial en prol da igualdade de xénero “Compartimos Plan”

Cee e Carballo acollen a posta de longo do proxecto provincial en prol da igualdade de xénero “Compartimos Plan”
Presentacion de Compartimos Plan en Cee Presentacion de Compartimos Plan en Cee

Este luns a Deputación da Coruña presentou en Cee a nova estratexia provincial para deseñar novas actuacións dirixidas a superar as desigualdades por razón de xénero. Representantes políticos e persoal técnico dos Centros de Información á Muller e Servizos Sociais dos Concellos de Fisterra, Muxía, Corcubión e Cee, asistiron a escoitar este primeiro paso do “Compartimos Plan”.

Hoxe, a cita é en Carballo.

4 fases, con participación aberta

Un proxecto que se desenvolverá ao longo de catro fases, onde se analizará a realidade das políticas de igualdade dos municipios da provincia e da Deputación de A Coruña.
A idea é que participen todos os entes e persoas preocupadas pola cuestión de xénero, por iso se formas parte dunha asociación que avoga pola igualdasde, se es persoal técnico dalgún concello coruñés ou da Deputación Provincial, ou simplemente se tes conciencia de xénero non dubides en participar.

A primeira etapa, na que se atopa o proxecto presentado hai 3 meses, será de carácter informativo, para de seguido alcanzar unha fase de diagnose, que abranguera a detección de necesidades en materia de igualdade de xénero a nivel local e provincial, así como a compilación dos diferentes programas, servizos e recursos existentes xa na provincia.
En terceiro lugar, determinaranse as liñas de actuación específicas do Plan de Acción que, posteriormente, tras contar coa aprobación da Deputación, concluirá coa elaboración do Plan Provincial para a Igualdade de Mulleres e Homes. Por último, na fase de difusión, daranse a coñecer os resultados de todas as entrevistas, cuestionarios e foron de participación levados a cabo durante os 18 meses nos que se prolongarán os traballos.

O proxecto está aberto a toda a cidadanía a través da web compartimosplan.com.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios