Cee e Carballo acollen cursos preparatorios para sacar o CELGA
Xa está en marcha unha nova convocatoria de cursos de lingua galega para persoas adultas preparatorios para as probas Celga 2017. Aos cursos presenciais para os niveis Celga 2, 3 e 4, que viñan sendo habituais nas últimas convocatorias, súmanse desta volta dous cursos en liña preparatorios para o Celga 1 pensados para persoas que teñen un coñecemento elemental da lingua propia de Galicia.
Os prazos para solicitar estes cursos rematan o 28 de marzo (no caso dos presenciais) e o 23 no caso da formación en liña. Tanto a convocatoria como os formularios de solicitude dos cursos presenciais están a disposición da cidadanía na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e no Portal da Lingua Galega (http://www.lingua.gal).
Programación de cursos preparatorios para as probas Celga 2017
Haberá varios cursos preparatorios na zona:
- En Cee: Curso preparatorio das probas do nivel CELGA 3: no IES Fernando Blanco, do 18.4.2017 ao 7.6.2017. De luns a xoves das 18.30 ás 21.00 h..
- En Carballo: curso preparatorio das probas do nivel CELGA 4: no IES Parga Pondal de Carballo, do 18 de abril ao 7 de xuño. De luns a venres de 18:30h a 20:30h.
Máis información
- Cursos CELGA.
- Convocatoria cursos Celga en liña.
- lingua.gal.
- 881996328 ou 981184898 | [email protected].
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).