Domingo. 15.09.2024
El tiempo

Cee festexou o fin de curso por todo o alto

Cee festexou o fin de curso por todo o alto
Peques do Eugenio-Foto-Rafa Quintans

Finalizou o curso e ducias de cativos da bisbarra comezan o verán xa sen cole. O pasado venres foi día de festa en todos os centros de ensino da zona, e en Cee tiveron unha marea de cousas. Como sempre, dende o CEIP Eugenio López, o bo de Rafa Quintáns, da ANPA Uxío, nos achega como foi a festa do xoves pola tarde no pavillón, con inchables, merendola, música e animación… e unha marea de sorpresas para os máis de 200 nenos que disfrutaron e mesmo choraron. I é que os maiores, os de 6º, deixan o centro para pasar ao instituto, un gran cambio.

Peques do Eugenio-Foto-Rafa Quintans Anpa Uxio

Fin de curso en Brens

O CPI da Igrexa de Brens tamén dixo adeus ao curso e o fixo cun festival de teatro a mar de simpático.

Fin de Curso do CEIP da Igrexa de Brens

Teatro para despedir o curso no IES

Grupo de Teatro do IES Fernando Blanco

Mentres, no IES Fernando Blanco, e con motivo do último día de clases do curso 2013-2014, na mañá do venres tiveron lugar varias actividades.
No Salón de Actos representouse a obra de teatro titulada “Licor café por compaixón ou ¡Santiago y cierra España!” a cargo do grupo de teatro “Tuéjele”, integrado por alumnado do IES Fernando Blanco, que levan durante todo o curso ensaiando e facendo os preparativos para a estrea de hoxe. Á representación asistiron, ademais do alumnado e profesorado do IES Fernando Blanco, familiares dos alumnos e alumnas protagonistas, que o pasaron moi ben coa divertida comedia, inspirada na obra de Joseph Kesselring “Arsenic and old lace”, levada ao cine por Frank Capra.

Esta actividade realízase no marco dun Obradoiro de artes escénicas e musicais, que se desenvolve no IES Fernando Blanco (en horario extraescolar) e dentro das actuacións do “Contrato-Programa para o logro da excelencia académica” que asinou o IES Fernando Blanco coa Consellería de cultura, educación e O.U.
Tamén houbo unha exhibición de acrosport realizada por alumnado do centro de varios niveis educativos.
No pavillón de deportes do Eugenio López xogouse un partido de fútbol disputado por dous equipos formados por profesores, alumnos e persoal non docente do IES Fernando Blanco.

Mais Teatro no Fernando Blanco Mais Teatro no Fernando Blanco

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios